(Rex.: 5342)
En 1939, José Garcés (Jorge Sanz), vencido e prisioneiro no campo de concentración de Argéles (Francia), consegue manterse con vida aferrándose aos seus recordos. Sobre todo ao recordo do seu primeiro amor, Valentina, a filla do notario, unha nena loura e anxelical que se converteu no seu imposible ideal e á que nunca debía esquecer. Ambos os dous tiveron unha historia de amor nun pobo do norte de España cara a 1911. José Garcés aos 12 anos era un neno cheo de vitalidade que dubida entre ser heroe, santo ou poeta, e que inventa o que sexa necesario para estar con Valentina, malia as ameazas familiares e á sombra inquietante dos pais da noiva. Mosén Joaquín (Anthony Quinn), profesor do neno, é o único en comprender a forza da súa paixón.
Ficha técnica
Trailer
Baseada na novela "Crónica del alba" de Ramón J. Sénder
Ficha técnica
Trailer
Baseada na novela "Crónica del alba" de Ramón J. Sénder
Ningún comentario:
Publicar un comentario