"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



ARSÉNICO POR COMPASIÓN

Director: Frank Capra (1944)
(Rex.: 5361)



No momento en que vai saír de viaxe de vodas coa súa esposa Elaine Harper (Priscilla Lane), o escritor Jonathan Brewster (Cary Grant) descobre que as súas dúas vellas e entrañables tías Abby e Martha se dedican dende hai tempo a envelenar anciáns solitarios que acoden á súa casa para alugar un cuarto. O irmán delas, que na súa loucura se cree Teddy Roosevelt, enterra os cadáveres no soto supoñendo que constrúe a canle de Panamá. O problema agrávase cando chega o irmán de Brewster, un criminal ao que o doutor Einstein, converteu na viva imaxe do monstro de Frankestein despois de facerlle a cirurxía estética.

Ficha técnica

Tráiler

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas