(Rex.: 5638)
É ocioso pensar que os británicos se fixeron raros a través dos séculos. Xa eran realmente diferentes dende as súas mesmas orixes. Como os británicos non pelexan nunca durante as horas do té, ou nos fins de semana, ao César resultoulle moi doado derrotalos, a pesar de presentarse dun xeito incriblemente desorganizado. Afortunadamente, unha aldea bretoa illada segue resistindo! Despois de ser solicitada a súa axuda, os romanos apodéranse de todos os barrís de viño que poden encontrar en Londinium, incluído o dos Galos, demasiado ocupados en recuperarse da súa primeira comida inglesa. Cumprindo ordes, os lexionarios comezan a catar todos os barrís para descubrir cal é o que contén a apócema máxica. A cerimonia da cata convértese nun caos cando os soldados se emborrachan bebéndose ata a última gota. A Astérix resúltalle doado entón recuperar o precioso barril, pero só por breve tempo. A Obélix, demasiado borracho para decatarse, arrebátanllo inmediatamente...
Ficha técnica
Tráiler
Ningún comentario:
Publicar un comentario