(Rex.: 5365)
Santo Domingo (República Dominicana), 1992. Urania Cabral (Isabella Rossellini) regresa á súa cidade natal. Apenas recoñece o vello calvo e desdentado que xace no seu leito, mudo e inmóbil, case inerte. É o seu pai, Agustín Cabral, alcume "Cerebrito", Presidente do Senado e man dereita do ditador Rafael Trujillo durante moitos, moitos anos. Ata que caeu en desgraza. Pero daquilo pasou moito tempo. Todo iso recórdao Urania, a través da súa inxenua mirada infantil. Cóntallelo á súa tía e ás súas primas, que non entenden por que Uranita estivo sen vir tanto tempo a velos, a elas e ao seu propio pai. Urania cóntalles que tampouco puido esquecer o día en que Agustín, inexplicablemente, foi repudiado polo Xefe. Tería feito calquera cousa por el, por recuperar o seu favor. Naqueles mesmos días, Amadito, Antonio de la Maza e outros conspiradores planeaban rematar coa vida do Chivo, destrozar o no seu Chevrolet, e rematar así, tras tres décadas de feroz ditadura, cun dos ditadores máis crueis e sanguinarios de América Latina.
Ficha técnica
Tráiler
Baseada no libro "La Fiesta del Chivo" de Mario Vargas Llosa
Ningún comentario:
Publicar un comentario