"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



PEREGRINOS

Director: Coline Serreau (2005)
(Rex.: 5725)




Á morte da súa nai, dous irmáns e unha irmá decátanse de que só cobrarán a herdanza se van xuntos a pé dende Le Puy-en-Velay (Francia) ata Santiago de Compostela. O malo é que se odian entre si e odian andar. Pero o afán do diñeiro pode máis e póñense por fin en camiño. Reúnense co guía en Le Puy-en-Velay, onde descobren que irán cun grupo doutras seis persoas. O camiño é longo ata Santiago de Compostela, e mentres percorremos con eles unhas espléndidas paisaxes, asistimos aos contratempos, enfados, amoríos, fantasías e vivencias destes nove personaxes.


Ficha técnica

Tráiler

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas