(Rex.: 5862)
Todo un clásico da Disney, unha colección de interpretacións animadas de grandes obras de música clásica. Mickey Mouse é un aprendiz de bruxo neste espectáculo de cor e música gañador de 2 Oscar honoríficos en 1942. A través de grandes obras da música clásica, como a Tocata e fuga en Re menor de Bach, O Cascanoces de Tchaikovski, a Sexta Sinfonía de Beethoven, a Consagración da primavera de Stravinsky ou a Danza das Horas de Ponchielli, gozamos dobremente dos entrañables debuxos animados.
Foi un das primeiros filmes en utilizar son estereofónico, e a Orquestra sinfónica de Philadelphia foi a que interpretou todas as obras musicais, dirixida por Leopold Stokowski, o cal aparece nun momento dado, falando con Mickey Mouse.

Ficha técnica
Tráiler
Ningún comentario:
Publicar un comentario