"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



PLENILUNIO

Director: Imanol Uribe (2000)
(Rex.: 5902)




Nunha pequena cidade de provincias, unha nena aparece morta en metade dun bosque. Foi brutalmente asasinada. Obsesionado polo espantoso suceso, o inspector de policía a cargo da investigación, percorre a cidade buscando unha mirada. A mirada dun asasino. Da mesma forma que sucede na realidade, un suceso brutal non se remata no propio delito, senón que provoca cambios nas persoas que están relacionadas coas vítimas e tamén co asasino. O achado da nena morta é a razón pola que unha muller e un home se encontran, a razón pola que ese home reflexiona sobre un pasado escuro, a razón pola que esa muller coñecerá o home do que ha de namorarse.



Ficha técnica

Trailer

Baseada na novela "Plenilunio" de Antonio Muñoz Molina

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas