"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



SIN PERDÓN

Director: Clint Eastwood (1992)
(Rex.: 5901)



William Munny (Clint Eastwood) é un ex pistoleiro que sae da súa vida tranquila ao aceptar un traballo xunto a Ned Logan (Morgan Freeman), o seu anterior socio, un home moi astuto e sen reticencias á hora de apertar o gatillo. Úneselles un novo e ambicioso cazador de recompensas (Jaimz Woolvett). A súa misión consiste en rematar cos asasinos dunhas prostitutas e cobrar así un suculento botín. Ata o sherif Little Bill Dagget (Gene Hackman), está disposto a meterse no asunto, pero sempre do lado da lei. O último pistoleiro atraído pola recompensa a Big Whiskey é o inglés Bob (Richard Harris), que ademais ten unha conta pendente co sherif.

Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas