"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL RETRATO DE DORIAN GRAY

Director: Oliver Parker (2009)
(Rex.: 6301)



Dorian Gray (Ben Barnes) é un novo aristócrata moi atractivo que, despois de pasar unha solitaria adolescencia no campo, regresa a Londres, onde herdou unha mansión. Atraído pola vida nocturna, somérxese nela da man de Lord Henry Wottom (Colin Firth), que o conduce aos antros máis recónditos e sórdidos da cidade. Ao mozo fascínalle o estilo de vida decadente e amoral de Wotton. Por outra parte, a súa obsesión por alcanzar a eterna xuventude impúlsao a facer un pacto diabólico: el manterase sempre novo, pero as pegadas do paso do tempo e dos seus terribles delitos, é dicir, a súa degradación física e moral reflectiranse nun retrato que lle fixo o seu amigo o pintor Basil Hallward (Ben Chaplin).


Ficha técnica

Trailer

Baseada no libro "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas