"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL VERDUGO

Director: Luis García Berlanga (1963)
(Rex.: 6564)



José Luís, empregado dunha funeraria, proxecta emigrar a Alemaña para converterse nun bo mecánico. A súa noiva Carmen é filla de Amadeo (Pepe Isbert), verdugo de profesión. Cando este os sorprende a ambos na intimidade, obrígaos a casar. Ante a perentoria falta de medios económicos dos recentemente casados, Amadeo, que está a piques de xubilarse, logra convencer a José Luís para que solicite a praza que el vai deixar vacante, o que lle daría dereito a unha vivenda. Presionado pola familia, José Luís acepta a proposta do seu sogro, convencido de que xamais exercerá tan ignominioso oficio.
Isbert executa e xubílase para delirio do espectador, mentres a fraqueza das pernas do seu xenro convértese nun das mellores alegacións contra a pena de morte xamais vistos nunha pantalla de cine. Cruelmente divertida, paradigma do humor negro español, "El verdugo" é, probablemente, a mellor comedia española de todos os tempos. Isbert, Azcona e Berlanga en estado puro.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas