(Rex.: 6986)
Como axente secreta da División de Anti-Proliferación da CIA, Valerie Plame (Naomi Watts) dirixe unha investigación sobre a existencia de armas de destrución masiva en Iraq. O seu marido, o diplomático Joe Wilson (Sean Penn), acaba colaborando con ela. A investigación non confirma a venda de uranio enriquecido por parte da República de Niger. Pero, cando a administración da Casa Branca ignora as súas conclusións e utiliza o asunto para avalar a entrada de Estados Unidos na guerra de Iraq, Joe escribe un artigo no New York Times facendo públicos os resultados da investigación, o cal desencadea unha acendida polémica. Pouco despois, un xornalista de Washington desvela a identidade de Valerie. Nestas circunstancias, a protagonista terá que afrontar unha dura batalla para sacar á luz a verdade, salvar a súa impecable reputación, a súa carreira e a súa vida privada.
Narra a historia real de Valerie Plame, unha axente da CIA. A súa identidade foi desvelada por membros da Casa Branca para desacreditar o seu marido, que no ano 2003 escribira un polémico artigo no New York Times. No devandito artigo, o marido de Plame acusaba a administración Bush de ter manipulado a Axencia Central de Intelixencia con respecto á existencia de armas de destrución masiva por parte do réxime de Sadam Hussein, para poder así xustificar a invasión de Iraq.

Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario