(Rex.: 7060)
Poirot está gozando dunhas vacacións en Xerusalén cando ten noticias dunha expedición arqueolóxica levada a cabo en Siria polo excéntrico Lord Boynton e o seu fillo Leonard, que cren saber o sitio onde está enterrada a cabeza de San Xoan Bautista. A curiosidade empuxa a Poirot a visitar o xacemento e alí coñece á segunda esposa de Boynton, unha americana dominante e incriblemente rica. Pero os acontecementos precipítanse co achado do corpo sen vida de Lady Boynton e as revelacións sobre a súa fortuna. Poirot queda encargado de atopar ao asasino e, como sempre, os sospeitosos non serán poucos.
Ficha técnica
Baseada na novela "Cita con la muerte" de Agatha Christie
Ningún comentario:
Publicar un comentario