"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL MISTERIOSO CASO DE STYLES

Director: Ross Devenish (1990)
(Rex.: 7058)



Hastings estase recuperando das súas feridas de guerra cando recibe unha invitación para visitar aos seus amigos, a familia Cavendish, en Styles St Mary. Preto de alí, como invitados dos Cavendish, atópase un grupo de refuxiados belgas, e entre eles, para sorpresa de Hastings, está o seu vello amigo da policía belga, o soado detective Hércules Poirot.
Á súa chegada, Hastings atopa moita tensión en Styles. Emily Inglethorp, viúva de Covendish, posúe o control da gran fortuna familiar desde a morte do seu marido. Para desgusto dos seus pródigos fillos John e Lawrence, casouse recentemente con Alfred Inglethorp, un home de aspecto e pasado dubidosos,vinte anos máis novo que ela.
Unha madrugada, todo o mundo espértase cos ruídos que chegan da habitación da Sra. Inglethorp. Ao abrir a porta pechada con chave, atópana sufrindo terribles convulsións. A muller grita o nome do seu marido e morre. Cando o exame post-mortem revela que a causa da morte é o envelenamento por estricnina, Hastings avisa inmediatamente ao famoso detective belga. Ás poucas horas, Hércules Poirot emprende a súa primeira investigación...


Ficha técnica


Baseada na novela "El misterioso caso de Styles" de Agatha Christie

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas