(Rex.: 7209)
Documental non só sobre as causas, senón tamén sobre os responsables da crise económica mundial de 2008, que signíficó a ruína de millóns de persoas que perderon os seus fogares e empregos, e que, ademais, puxo en perigo a estabilidade económica dos países desenvolvidos. A través dunha extensa investigación e de entrevistas a financeiros, políticos e xornalistas, móstrase o auxe de empresarios sen escrúpulos e a degradación da política e a educación.
"Inside Job" mostra a escandalosa historia dun "goberno de Wall Street" e explica como a recente crise financeira foi efectivamente un "inside job" ou delito interno colectivo executado por banqueiros, políticos, axencias calificadoras, burócratas e profesores universitarios, que utilizaron a desregulación para crear e promover complexos instrumentos financeiros derivados e titulizados - coñecidos por algúns como "armas de destrución masiva" - para beneficiar as súas propias contas bancarias, mentres facían a vista gorda cando o mercado subprime de hipotecas esborrallouse, destruíndo os aforros de toda unha vida de moitas persoas correntes. Tal e como se afirma na película, "esta crise non foi un accidente".
.

Ficha técnica
Trailer
Páxina Web
Ningún comentario:
Publicar un comentario