"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL ESCRITOR

Director: Roman Polanski (2010)
(Rex.: 7645)



Un escritor (Ewan McGregor) acepta de mala gana o encargo de terminar as memorias do antigo primeiro ministro británico Adam Lang (Pierce Brosnan), logo da morte nun accidente da persoa que o estaba facendo. Para iso, instálase nunha illa da costa este de Estados Unidos. Ao día seguinte da súa chegada, un antigo ministro acusa a Lang de autorizar a captura ilegal de presuntos terroristas e a súa entrega á CIA, feitos que constituirían un crime de guerra. O escándalo atrae a xornalistas e manifestantes á mansión da illa onde se aloxa Lang coa súa muller (Olivia Williams) e o seu axudante persoal (Kim Cattrall).


Ficha técnica

Trailer

Baseada no libro "El poder en la sombra" de Robert Harris

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas