(Rex.: 7907)
Aproximación ao personaxe Coco Chanel (Audrey Tautou) nos anos previos á súa consagración no mundo da moda. A directora comeza cun prólogo que narra o seu internamento nun orfanato, tras a morte por tuberculose da súa nai, cando ela tiña 12 anos. O seu pai desentendeuse por completo dela, aínda que nunca perdeu a esperanza de que fose visitala. Convertida nunha vinteañeira, Gabrielle intenta triunfar como cantante nun cabaret de mala morte, onde interpreta unha canción, e do seu refrán ("Qui a vu Coco dans -´Trocadero") xorde o seu soado alcume. Alí coñece ao adiñeirado vividor Étienne Balsan, que se converte no seu amante e protector, e introduce a Coco na alta sociedade, a pesar de que mantén con ela unha relación agridoce. Mentres segue estando apoiada por el, Coco fai os seus primeiros pasos como modista, e namórase dun dos seus socios, o xogador de polo británico Arthur 'Boy' Capel.
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario