"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



DESPEDIDAS

Director: Yojiro Takita (2008)
(Rex.: 7982)




Daigo é un novo violonchelista recentemente casado que traballa nunha orquestra de Tokio. Con todo, cando esta queda disolta, Daigo queda abatido, pois ademais de perder o emprego vese obrigado a vender o violoncelo por falta de diñeiro. Ademais, o mozo acusa na súa personalidade o abandono do seu pai cando era un neno; está desorientado coa súa vida, non ten claro o seu futuro musical e perdeu a confianza no seu talento. O novo matrimonio decidirá entón trasladarse á pequena cidade de Yamagata, onde a nai de Daigo, recentemente falecida, deixoulle unha pequena casa en herdanza. Unha vez instalados alí, Daigo acode a unha entrevista de traballo nunha empresa que se dedica ás despedidas. El cre que é unha axencia de viaxes, pero esas "despedidas" resultan ser algo distinto. En realidade, a empresa NK encárgase de preparar aos mortos para o seu últimos adeus.



Ficha técnica
Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas