(Rex.: 7905)
Serge Gainsbourg, hoxe unha icona francesa, foi cantante, escritor, compositor e pintor, pero maiormente durante case todo o tempo foi un infatigable provocador, un tipo de impredicible comportamento na súa vida pública. Xa de crío Serge era un neno xudeu que fanfarronea polas rúas dun París baixo a ocupación alemá; e logo un mozo e tímido poeta que abandona a súa pintura e a súa habitación para deixarse embaucar polos cabarés de transformistas dos anos 60. Esta é unha "vida heroica" onde as criaturas da mente plásmanse na pantalla e a elocuencia conxúgase cos escándalos amorosos. Así nace unha obra subversiva, cun cidadán leal e rebelde como protagonista que fará vibrar ao mundo enteiro.
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario