"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



IO, DON GIOVANNI

Director: Carlos Saura (2009)
(Rex.: 6959)



Io, Don Giovanni arrinca en Venecia, cando Lorenzo da Ponte convértese aparentemente ao catolicismo e chega a ser ordenado sacerdote, aínda que no seu foro interno segue fiel á súa relixión xudía. É ademais un libertino que non para de conquistar mulleres, e cando a Inquisición descobre que é o autor de versos en contra do catolicismo, obríganlle a partir ao exilio. Acaba en Viena, onde o seu amigo e mentor Giacomo Casanova relaciónao con Antonio Salieri, compositor oficial do rei. O monarca pide a Da Ponte que compoña a letra dunha ópera que terá música de Mozart.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas