(Rex.: 7993)
Daniel Plainview (Daniel Day-Lewis), un home duro como unha roca, parco en palabras, percorre Texas en busca de "ouro negro", ou sexa, petróleo. Con tesón e arriscando a súa vida, aprendeu como perforar o chan e o modo de moverse para facerse cos dereitos de explotación das terras axeitadas. Nunha das súas prospeccións morre un dos seus homes, que deixa un bebé; Daniel decidirá adoptalo, de modo que todo o mundo, incluído o rapaz cando creza, cren que é o seu fillo de verdade. Un día o mozo Paul Sunday acudirá a Daniel disposto a sinalarlle un lugar rico en petróleo e aínda sen explotar; Daniel móstrase suspicaz, pero cando acode alí descobre que todo é certo, e que Paul deulle a información para conseguir un diñeiro rápido e fuxir do ambiente asfixiante da súa familia. En efecto, Daniel coñecerá ao irmán xemelgo de Paul, Eli, un tipo iluminado, investido da seguridade cega do fanático, que fundou a Igrexa da Terceira Revelación.
Ficha técnica
Trailer
Baseada na novela "Petróleo" de Upton Sinclair
Ningún comentario:
Publicar un comentario