"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EN UN MUNDO MEJOR

Director: Susanne Bier (2010)
(Rex.: 8720)




Anton é médico e divide o seu tempo entre unha pequena cidade idílica en Dinamarca e o seu traballo nun campo de refuxiados en África. Nestes dous mundos tan diferentes, el e a súa familia enfróntanse a conflitos que lles empuxan a escoller entre a vinganza e o perdón. Anton e a súa esposa Marianne teñen dous fillos, están separados e consideran a posibilidade de divorciarse. O maior dos seus fillos, Elias, de dez anos, sofre o constante acoso duns compañeiros ata que outro mozo deféndeo, Christian, que acaba de trasladarse a Dinamarca desde Londres co seu pai, Claus. A nai de Christian faleceu recentemente de cancro. Elias e Christian non tardan en estar moi unidos, pero cando Christian involucra a Elias nun perigoso acto de desquite que pode carrexar consecuencias tráxicas, ademais de pór a proba a amizade que os une, tamén pon en perigo varias vidas. Finalmente, os seus pais deberán axudalos a entender a complexidade das emocións, da dor e da empatía.



Ficha técnica

Ficha técnica

Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas