"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



FALSO CULPABLE

Director: Alfred Hitchcock (1956)
(Rex.: 8657)




Manny (Henry Fonda) é un músico de jazz que vive apaciblemente en Nova York coa súa esposa Rose (Vera Miles) e os seus dous fillos pequenos. Nunha aseguradora, unha empregada confúndeo cun ladrón que roubara alí uns días antes e denúnciao á policía. Comeza entón para el un angustioso pesadelo: é detido e acusado dunha serie de furtos perpetrados no barrio. O terrible é que todas as testemuñas e as probas caligráficas corroboran a súa culpabilidade. Tras saír baixo fianza, intentará demostrar a súa inocencia. Mentres tanto, a súa esposa sofre unha aguda crise nerviosa e é internada nun psiquiátrico.



Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas