"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



GOSFORD PARK

Director: Robert Altman (2001)
(Rex.: 8664)




Novembro de 1932. Godsford Park é a magnífica mansión campestre á que Sir William McCordle e a súa esposa Lady Sylvia invitan a familiares e amigos para unha partida de caza. Os invitados son moi dispares: unha condesa, un heroe da Primeira Guerra Mundial, o ídolo de masas Ivor Novello, e un produtor de cine norteamericano. Mentres os invitados ocupan as luxosas habitacións de arriba, os seus criados conviven abaixo coa servidume dos anfitrións. Pero non todo é o que parece, nin entre os hóspedes nin entre os criados que se afanan polo benestar dos seus amos.



Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas