(Rex.: 10169)
Un preso recén fuxido do cárcere intenta recuperar o botín que escondeu uns anos antes nunha remota e solitaria aldea; pero o que alí se encontra supón unha condena peor que o cárcere. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mesmo arcipreste de Santiago protagonizan unha historia de terror, humor e fantasía. Primeira produción de stop-motion con plastilina feita en España. Conta coas voces de Luis Tosar, Geraldine Chaplin, Manuel Manquiña, Jorge Sanz e Paul Naschy entre outros.
Ficha técnica
Trailer
Páxina web oficial
Ningún comentario:
Publicar un comentario