"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



ELLING

Director: Petter Naess (2001)
(Rex.: 10250)




Elling está preparado para volver ao "mundo real" tras un período de dous anos nunha clínica psiquiátrica. Tutelado polos servizos sociais noruegueses, el e o seu compañeiro de cuarto, un xigante santo chamado Kjell Bjarne, son propostos para ser reintegrados na comunidade. A asistencia social concedeulles un apartamento en Oslo, onde se supón que han de ser capaces de coidar de si mesmos. Pero, para alguén a quen entrar nun restaurante lle resulta tan complicado como atravesar a Antártida, esta nova vida está chea de obstáculos.


Ficha técnica

Trailer

Ficha Didáctica (na biblioteca)

Baseada no libro "Elling. Hermanos de sangre" de Ingvar Ambjornsen

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas