"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



BEAUTIFUL PEOPLE

Director: Jasmin Dizdar (1999)
(Rex.: 10234)




Londres, 13 de outubro de 1993. O día no que Inglaterra ten que xogar a controvertida final da Copa do Mundo contra Holanda, a guerra de Bosnia está no seu punto máis culminante, Sbrenica está a ser asediada e as tropas das Nacións Unidas preparan os seus paracaídas con víveres. Multitude de refuxiados da ex-iugoslavia están a chegar a Gran Bretaña. Rivais no fútbol e na política, os distintos adversarios dos Balcáns levan ás illas os seus conflitos. Un serbio e un croata, orixinariamente da mesmatópanse por casualidade no mesmo autobús e comezan a pelexarse. Mentres a súa batalla continúa ata machucarse mutuamente, as problemáticas vidas de catro familias inglesas vense afectadas de diferente xeito, un médico enfróntase aos problemas de Dzemila, embarazada dun fillo non desexado; Griffin, un novo hooligan encóntrase moi ao seu pesar no corazón do conflito.


Ficha técnica

Trailer

Ficha Didáctica (na biblioteca)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas