"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



CAMINANDO ENTRE LAS BESTIAS

Director: Nigel Paterson (2001)
(Rex.: 10199)


Miniserie de TV de 8 episodios. A desaparición dos dinosauros, hai 65 millóns de anos, non deixou a terra baleira. Unha sucesión de extraordinarias criaturas apareceron e desapareceron dende entón, ata chegar aos nosos antecesores, e a pesar de todo non sabemos practicamente nada deles. Estas estrañas bestas foron algunhas das criaturas máis fascinantes que xamais habitasen o noso planeta. O galardoado equipo que creou "Caminando entre dinosauros" explora agora o nacemento dos mamíferos. Os últimos descubrimentos científicos, avanzados gráficos por ordenador e profundas historias de historia natural combínanse mentres regresamos a paisaxes e sons de mundos extintos -esta vez cheos de vida- que vostede probablemente non sabía nin que existiron...


Ficha técnica

Trailer

Ficha Didáctica (na biblioteca)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas