"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



DUNE

Director: David Lynch (1984)
(Rex.: 10245)




Por orde imperial, a familia Atreides debe facerse cargo da explotación do desértico planeta Arrakis, tamén chamado "Dune". É o único planeta onde se encontra a especia, unha potente droga que é indispensable para os voos espaciais. Antes o planeta fora gobernado polos Harkonen, dos que o seu despotismo deixara unha pegada indeleble na poboación. Cando, co beneplácito do emperador, os Harkonen atacan o planeta para recuperar o poder perdido, Paul, o fillo do duque Leto Atreides, ten que fuxir ao deserto. Alí, ademais de afrontar múltiples perigos, preséntaselle unha oportunidade de derrocar os Harkonen.


Ficha técnica

Trailer

Ficha Didáctica (na biblioteca)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas