"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL MISMO AMOR, LA MISMA LLUVIA

Director: Juan José Campanella (1999)
(Rex.: 10220)




Arxentina, anos 80. A represión do goberno militar, a guerra das Malvinas, o retorno da democracia, a crise económica e a chegada de Menem ao poder son o pano de fondo da historia de Jorge e Laura. El (Ricardo Darín) é unha nova promesa da literatura arxentina, pero vive dos contos románticos que escribe para unha revista de actualidade. Ela (Soledad Villamil) é unha camareira que espera o regreso do seu noivo, un artista que ten montando unha exposición en Uruguai e do que hai tempo que non ten noticias. Unha noite coñécense e non tardan en irse a vivir xuntos, pero a convivencia deteriórase e a relación rompe.


Ficha técnica

Trailer

Ficha Didáctica (na biblioteca)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas