"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EN TIERRA DE NADIE

Director: Danis Tanovic (2001)
(Rex.: 10239)




Guerra de Bosnia, 1993. Dous soldados de bandos distintos, un bosníaco e un serbio, encóntranse atrapados entre as liñas inimigas, en terra de ninguén. Un sarxento dos cascos azuis das Nacións Unidas disponse a axudalos, contravindo as ordes dos seus superiores. Os medios de comunicación non tardan en converter o asunto nun espectáculo mediático de carácter internacional. Mentres a tensión bélica crece e a prensa espera pacientemente novas noticias, os dous soldados intentarán por todos os medios saír con vida de tal situación.


Ficha técnica

Trailer

Ficha Didáctica (na biblioteca)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas