(Rex.: 10205)
Ficha técnica
Trailer
Ficha Didáctica (na biblioteca)
Francia, arredor do século XVIII. A xente era feliz, as mulleres eran doadas, e os homes entregábanse ao seu deporte favorito: a guerra, entretemento para deleite do Rei no que todos podían participar. Fuxindo dun matrimonio forzado, Fanfan, un mozo aventureiro moi sensible á beleza feminina, é captado polo exército de Luis XV. Para conseguir que se enrole definitivamente, Adeline, a bela filla dun sarxento dun pelotón de recrutadores, predí a Fanfan un fabuloso futuro como oficial do exército, e tamén que está destinado a despousar unha das fillas do Rei. De camiño a Aquitania, Fanfan fai poñer pés en polvorosa un grupo de bandidos que intentaban asaltar a caravana real, descubrindo a continuación que os ocupantes da devandita caravana son Madame de Pompadour e Henriette, a filla do Soberano de Francia. Fanfan cre que con este encontro se cumpren as predicións de Adeline. A absurda complexidade das estratexias militares, o ardor de Fanfan e varios imprevistos acaban complicando as cousas, pero a súa determinación por alcanzar os seus sonos é moi poderosa...
Ficha técnica
Trailer
Ficha Didáctica (na biblioteca)
Ningún comentario:
Publicar un comentario