"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LA CURVA DE LA FELICIDAD

Director: Manuel Poirier (2002)
(Rex.: 10218)




Tom, español, pai de familia, roldando os corenta, un tipo corrente e razoablemente feliz. Non obstante, ao seu arredor todo se cambalea: unha compañeira de traballo namorouse del; o seu mellor amigo pasa por un mal momento cos seus fillos adolescentes; o seu veciño, policía, está celoso da súa esposa.... e todos eles acoden a Tom. Pero el ten as súas propias preocupacións. Farto do seu traballo, ao chegar á casa cada noite, os seus tres fillos esixen toda a súa atención. Ademais, a relación coa súa muller, Sylvie, non pasa polo seu mellor momento. Un repentino encontro coa súa antiga noiva dará un xiro á súa vida: Tom é pai dunha nena de 8 anos da que terá que facerse cargo. Despois de todo, ninguén dixo que vivir fose doado...


Ficha técnica

Trailer

Ficha Didáctica (na biblioteca)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas