(Rex.: 11041)
Tras a separación dos seus pais,
Connor (Lewis MacDougall) un mozo de 12 anos, terá que ocuparse de levar as
rendas da casa, pois a súa nai (Felicity Jones) está enferma de cancro. Así as
cousas, o neno tentará superar os seus medos e fobias coa axuda dun monstro
(Liam Neeson), pero as súas fantasías terán que enfrontarse non só coa
realidade, senón coa súa fría e calculadora avoa (Sigourney Weaver). Con este
novo traballo J.A. Bayona pecha a súa triloxía sobre as relacións maternofiliales,
que iniciou con El orfanato e
continuou con Lo imposible.
Baseada no libro Un monstruo viene a verme de Patrick Ness
Ningún comentario:
Publicar un comentario