Páxinas

Blade runner


Director: Ridley Scott (1982)

(Rex.: 11196)


A principios do século XXI, a poderosa Tyrell Corporation creou, grazas aos avances da enxeñería xenética, un robot chamado Nexus 6, un ser virtualmente idéntico ao home pero superior a el en forza e axilidade, ao que se lle deu o nome de Replicante. Estes robots traballaban como escravos nas colonias exteriores da Terra. Despois da sanguenta rebelión dun equipo de Nexus-6, os Replicantes foron desterrados da Terra. Brigadas especiais de policía, os Blade Runners, tiñan ordes de matar a todos os que non acatasen a condena. Pero a isto non se lle chamaba execución, chamábaselle "retiro". Tras un grave incidente, o ex Blade Runner Rick Deckard é chamado de novo ao servizo para atopar e "retirar" a uns replicantes rebeldes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario