Páxinas

Marie Curie

Director: Marie Noëlle (2016)

(Rex.: 11197)


Pouco tempo despois de que o matrimonio formado por Marie Curie (Karolina Gruszka) e Pierre Curie (Charles Berling) obtivese o Nobel de Física, Pierre morre nun tráxico accidente. Soa con dous nenos, a treinteañera Marie aférrase aos seus estudos científicos nun mundo dominado polos homes, convertíndose na primeira muller en recibir unha cátedra na Universidade Sorbona de París. Cando se namora dun científico casado e inicia unha aventura con el, a muller deste, celosa, fai pública a súa relación, ao mesmo tempo que se anuncia o seu premio Nobel de Química. En lugar de gozar da fama que se gañou polo seu portentoso traballo de investigación, Marie vese difamada por cometer adulterio.




Ningún comentario:

Publicar un comentario