"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



La condesa rebelde

Directora: Zaza Ceballos (2011)

Rex.: (11290)

Emilia Pardo Bazán tivo unha vida chamativa. Foi amante do literato Benito Pérez Galdós, gozou da amizade de Víctor Hugo, de Unamuno e de Clarín, entre outros soados escritores. Pioneira en moitas facetas, foi a primeira muller en España que desempeñou unha cátedra universitaria, a primeira xornalista profesional da península, ideóloga do feminismo decimonónico e autora de novelas, libros de viaxes, biografías e preto de mil ensaios, artigos e crónicas en prensa española e internacional.











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas