"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



La Odisea

Director: Andrei Konchalovsky (1997)

Rex.: (11327)
                   
Ulises é o rei de Ítaca e comparte o trono con Penélope, a súa fermosa esposa, coa que ten un fillo, Telémaco. A campaña de Troia require a súa presenza, polo que, moi á seu pesar, debe deixar a súa familia e a súa patria por un tempo. Durante a guerra ideará a lendaria estrataxema do cabalo de madeira, co que conseguirá enganar os seus inimigos e poñer fin á guerra. Con todo, durante a noite comete un grave erro: levado pola euforia e o alcol, blasfema inocentemente contra os deuses. Poseidón, gravemente ofendido, decide poñer sobre Ulises e os seus homes unha terrible maldición: xamais poderán regresar aos seus fogares ata que comprendan que non poden enfrontarse ós deuses. A partir de agora, deberán superar unha serie de perigosas probas que converterán a súa viaxe de regreso nunha incrible aventura. Así, Ulises recibirá unha gran lección: aprenderá cal é a diferenza existente entre astucia e sabedoría, e que a felicidade, precisamente, reside nesta última.



Baseada na Odisea de Homero




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas