"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



La última batalla de los 300

Director: David Padrusch (2007)

Rex.: (11351)

480 A. C. Nun estreito paso ao norte de Grecia, sete mil soldados da antiga Grecia agardan un impacto de proporcións épicas. Pronto fará fronte á maior forza armada reunida ata hoxe… a máquina de guerra do poderoso Imperio Persa. Os gregos son conducidos por trescentos dos guerreiros máis feroces do mundo antigo: os espartanos. O seu líder é o audaz rei Leónidas, home que tras esta batalla quedaría catapultado en lenda. Este famoso conflito será lembrado sempre como a batalla das Termópilas, na que cada espartano sacrificará a súa vida pola liberdade. Durante séculos os escolares estudaron a batalla das Termópilas. É a batalla que determinaría o curso da civilización occidental… onde trescentos espartanos ofreceron a súa última resistencia.

Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas