Rex.: 11927 (V.O. en francés)
Miniserie de TV (2 episodios). Christian de Kersaint-
Gilly morre de dous tiros na cabeza na súa leira bretoa. A investigadora Marleau
concentra as súas sospeitas na súa muller, Joséphine. De feito, Christian
acababa de vender unha parte das terras en propiedade común a Etienne Quemener
e o seu socio Vincent Salmon, os cales pretenden transformar esta pequena
cidade pesqueira nun destino balneario de luxo. O próximo obxectivo destes dous
investidores é un pequeno hangar propiedade de Cécile Prigent, irmá pequena de Etienne,
quen non dubidará en emprender unha loita para evitar que se realice a nova
construción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario