Páxinas

ENTRE VENTS ET MARÈES

Director. Josée Dayan (2014)

Rex.: 11927 (V.O. en francés)

Miniserie de TV (2 episodios). Christian de Kersaint- Gilly morre de dous tiros na cabeza na súa leira bretoa. A investigadora Marleau concentra as súas sospeitas na súa muller, Joséphine. De feito, Christian acababa de vender unha parte das terras en propiedade común a Etienne Quemener e o seu socio Vincent Salmon, os cales pretenden transformar esta pequena cidade pesqueira nun destino balneario de luxo. O próximo obxectivo destes dous investidores é un pequeno hangar propiedade de Cécile Prigent, irmá pequena de Etienne, quen non dubidará en emprender unha loita para evitar que se realice a nova construción.


Ningún comentario:

Publicar un comentario