Director: BryanSinger (2018)
Rex.: 12436
Bohemian Rhapsody' é unha celebración do grupo Queen, da súa música e do
seu singular cantante Freddie Mercury, que desafiou estereotipos para
converterse nun dos showmans máis queridos do mundo. O filme plasma o meteórico
ascenso da banda ao olimpo da música a través das súas icónicas cancións e o
seu revolucionario son, a súa crise cando o estilo de vida de Mercury estivo
fóra de control, e a súa triunfal reunión na véspera do Live Aid, na que Mercury,
mentres sufría unha enfermidade que ameazaba a súa vida, lidera á banda nun dos
concertos de rock máis grandes da historia. Reflicte así mesmo como se cimentou
o legado dunha banda que sempre se pareceu máis a unha familia, e que continúa
inspirando soñadores e amantes da música ata os nosos días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario