"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



COUNT DRACULA

 

Director: Philip Saville (1977)

Rex.: 13286

      As pavorosas andanzas do conde Drácula, orixinario de  Transilvania, que aterrorizaron a varias xeracións de lectores, ofrécense aquí nunha apaixonante crónica que resume os momentos máis conflitivos da loita entre o Ben e o Mal: o profesor Abraham Van Helsing, o doutor Seward, Jonathan Harker e Quincey Holmwood enfróntanse ao temible vampiro e aos seus secuaces, "os que non morren".

Ficha técnica

Tráiler

    Adaptación da obra de Bram Stoker, feita para a televisión e emitida como mini serie de 3 capítulos pola BBC en 1977.

.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas