"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



ASTRID & RAPHAËLLE (SAISON 1)

 

Serie de TV francesa, creada por  Laurent Burtin e Alexandre de Seguins e estreada en 2019. 

No seu reparto participan: Sara MortensenLola Dewaere e   Benoît Michel

    Astrid et Raphaëlle (Bright Minds en España) é unha serie policiaca. As protagonistas son  dúas mulleres do corpo da policía con caracteres ben distintos, feito que non é obstáculo para  que formen un equipo disposto a loitar contra o crime e a resolver os casos de asasinato máis difíciles do país.

Rex.: 13291

MOULIN ROUGE


Director: Baz Luhrmann (2001)

Rex.: 13293, 13294 e 13295

  Ambientada no París bohemio de 1900. Satine, a estrela máis rutilante do Moulin Rouge, namora  toda a cidade cos seus bailes cheos de sensualidade e a súa enorme beleza. Atrapada entre o amor de dous homes, un mozo escritor e un duque, loita por facer realidade o seu soño de converterse en actriz. Pero, nun mundo no que todo vale, excepto namorarse, nada é fácil.

Ficha técnica

Tráiler

AGUA PARA ELEFANTES



Director: Francis Lawrence (2011)
´
Rex.: 13293, 13294, 13295

  Na época da Gran Depresión, Jacob, un estudante de veterinaria de orixe polaca, decide deixar os seus estudos tras a morte dos seus pais nun accidente. Tras vagabundear e subirse a un tren de polisón, Jacob empeza a traballar no circo dos irmáns Benzini como veterinario. O mozo namórase de Marlena, unha amazona que está casada con August, o dono do circo, tan carismático como retorto... 

Ficha técnica

Tráiler

 

Adaptación do aclamado best-seller homónimo de Sara Gruen.

CISNE NEGRO


Director: Darren Aronofsky (2010) 

Rex.:  13293, 13294 e 13295

  Nina (Natalie Portman), unha brillante bailarina que forma parte dunha compañía de ballet de Nova York, vive completamente absorbida pola danza. A presión da súa controladora nai, a rivalidade coa súa compañeira Lily e as esixencias do severo director  iranse incrementando a medida que se achega o día da estrea. Esta tensión provoca en Nina un esgotamento nervioso e unha confusión mental que a incapacitan para distinguir entre realidade e ficción

Ficha técnica

Tráiler

EVA


 Director: Kike Maíllo (2011)

Rex.: 13272

Ano 2041. Nese futuro, os seres humanos viven acompañados de criaturas mecánicas. Álex (Daniel Brühl), un reputado enxeñeiro cibernético, regresa a Santa Irene cun encargo da Facultade de Robótica: a creación dun neno robot. Durante a súa ausencia, o seu irmán David (Alberto Ammann) e a súa noiva Lana (Marta Etura) casaron. A rutina de Álex vese alterada de forma inesperada por Eva (Claudia Vega), a filla de Lana e David, unha nena especial, magnética, que desde o primeiro momento mantén unha relación de complicidade con Álex. Xuntos emprenderán unha sorprendente viaxe.

Ficha técnica  

Tráiler

LA ISLA DE LAS MENTIRAS


 Directora: Paula Cons (2020) 

Rex.: 13267

A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, con destino a Buenos Aires e 260 persoas a bordo, afúndese fronte á escarpada  costa da illa de Sálvora. A falta de homes na illa, tres mulleres que viven alí, María (Nerea Barros), Josefa (Victoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán moi caro.  Un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Comproba que esa noite sucederon terribles "casualidades" na illa. Son moitas as incógnitas que hai que resolver.

Ficha técnica

Tráiler

RAY


 Director: Taylor Hackford (2004)

Rex.: 13255

  A vida de Ray Charles (Jamie Foxx)  é unha alternancia de triunfos e fracasos persoais que se suceden ao longo dunha dilatada carreira no mundo do espectáculo. Ray era un home capaz de fundir con enorme eficacia os máis diversos estilos musicais: o jazz, o rhythm & blues, o rock & roll, o gospel e o country. A película céntrase no período máis explosivo da carreira de Charles, que comeza cando este mozo negro e cego colle un autobús en Florida e cruza o país para ir parar á florecente escena jazzística de Seattle. Cando é descuberto por Atlantic Records, empeza o seu imparable ascenso cara á fama, pero tamén a súa adicción ás drogas e ás mulleres. Ao mesmo tempo, terá que superar graves traumas infantís como a morte do seu irmán George e a perda da vista a partir dos cinco anos. 

Ficha técnica

Tráiler

PERCY JACKSON Y EL LADRÓN DEL RAYO

 

Director: Chris Columbus (2010)

Rex.:13282

   Tras a súa estancia nun campamento, Percy, un mozo aparentemente normal, descobre que é fillo de Poseidón, o deus dos mares, e que os seus dous amigos son tamén nada menos que un semideus e un sátiro. Os tres percorrerán un país infestado de monstros mitológicos, para restaurar a orde cósmica antes de que se poña o sol no día máis longo do ano. Percy trata de recuperar a paz, rescatar a súa nai, coñecer o seu pai e comprender quen é el mesmo. Todo un reto que debe superar en apenas dez días.

Ficha técnica

Tráiler

Trátase dunha versión cinematográfica da novela El ladrón del rayo de Rick Riordan

UN CONDENADO A MUERTE SE HA ESCAPADO


Director: Robert Bresson  (1956)
  

Rex.: 13287

Abril de 1943, en plena Segunda Guerra Mundial. Fontaine, un mozo de 27 anos, membro da Resistencia francesa e que loita contra a ocupación nazi, é arrestado pola Gestapo para ser interrogado. Fontaine sospeita que vai ser executado e empeza a planear a súa fuga.

Ficha técnica

Tráiler

LOS HOMBRES QUE NO AMABAN A LAS MUJERES


Director: Niels Arden Oplev (2009)

Rex.: 13249

     Un rico industrial chamado Henrik Vanger (Sven-Bertil Taube) contrata ao xornalista Mikael Blomqvist (Michael Nyqvist) para que pescude que foi da súa sobriña Harriet, que desapareceu sen deixar rastro hai 40 anos. 

Ficha técnica

Tráiler

Adaptación ao cinema da primeira parte da triloxía "Millenium" do escritor sueco Stieg Larsson

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas