"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



AMERICAN GANGSTER

Director: Ridley Scott (2007)
(Rex. 1570)

A principios dos setenta, os policías corruptos abundaban nas rúas de Nova York. A guerra de Vietnam facía estragos en Oriente e en Estados Unidos. Numerosos soldados volvían á casa mortos ou adictos a un opiáceo chamado heroína, que compartían con mozos desexosos de experimentar cousas novas e que se enganchaban á droga. Coa axuda das forzas da orde, a mafia funcionaba con case total impunidade neste mercado libre de competencia. Uns cantos homes brancos privilexiados e intocables pagaban centos de millóns de dólares a xuíces, avogados e policías de Nova York para que ninguén abrise a boca e esa proveitosa relación se mantivese. Ninguén se atrevía cos tentáculos de la Cousa Nostra. Ata que apareceu un home de negocios negro chamado Frank Lucas (Denzel Washington). Ninguén se fixaba en Frank, o calado axudante de Bumpy Johnson, un dos principais xefes da mafia negra posterior á guerra de Vietnam. Frank Lucas aproveitou o oco aberto na estrutura de poder pola repentina morte do seu xefe para construír o seu propio imperio e crear a súa versión do "éxito americano". Richie Roberts (Russell Crowe) é un policía duro, acostumado á rúa, que non tarda en darse conta de que o control do hampa está a cambiar de mans. Cre que alguén se está aupando por enriba das coñecidas familias mafiosas e empeza a sospeitar que un traficante negro saíu da nada para apoderarse da situación. Tanto Lucas como Roberts baséanse nun código ético moi rigoroso que lles diferencia do resto dos seus coetáneos. Son dúas figuras solitarias en lados opostos da lei, pero o destino de ambos os dous cruzarase a medida que se achega un enfrontamento que non só cambiará as súas vidas, senón que alterará o rumbo de toda unha xeración de neoyorquinos.



Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas