Director: Costa-Gavras (2003)
(Rex. 1608)
Dous sistemas: por unha parte a maquinaria nazi... e por outra a diplomacia do Vaticano e dos Aliados. Pero dous homes loitan dende dentro. O primeiro é Kurt Gerstein, químico e membro das SS que na vida real se encargaba de subministrar o gas Ziklon B aos campos da morte. Pero iso non lle impide denunciar os crimes, alertando os Aliados, ao Papa, aos alemáns e ás súas igrexas, xogándose a vida e a da súa familia. O segundo, Riccardo, un novo xesuita, personaxe de ficción que representa a todos os sacerdotes que se souberon opoñer á barbarie, pagando moitas veces coa súa propia vida. É un símbolo de todos eses relixiosos, coñecidos ou descoñecidos, que rexeitaron o silencio imposto polas súas igrexas. ¿Pero en que momento a ética supera a prudencia? Kurt Gerstein sabía o que estaba a acontecer e quería que o mundo enteiro tamén o soubese. A película pon en tea de xuízo a indiferenza de todos aqueles que sabían o que estaba a pasar e decidiron calar.
Ficha técnica

Ningún comentario:
Publicar un comentario