"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



COLD MOUNTAIN

Director: Anthony Minghella (2004)
(Rex. 1732)

1860. Norte América. Tres personaxes a supervivencia física e espiritual dos cales depende enteiramente uns doutros. Por un lado o soldado confederado Inman quen, ferido na batalla, cruza o país para volver coa muller que ama. No seu camiño cara a Ada, Inman atopa con escravos e rebeldes, soldados desertores, cazadores de recompensas e amigos e inimigos en cada esquina. Paralelamente, non menos perigos ofrece o camiño que ha de emprender Ada, unha muller acostumada a unha vida acomodada, que debe enfrontarse a un mundo exterior que descoñece para protexer a granxa do seu pai da ruína e a guerra. A axuda inesperada chégalle a Ada dunha muller ruda e primitiva chamada Ruby quen se converte nunha parte fundamental da súa vida ao ensinarlle o que é a fortaleza, a confianza e a vida real que Ada nunca coñecera. Agora, a medida que se achegan uns a outros, Inman, Ada e Ruby cóntannos unha historia sobre a morriña do fogar despois de estar no lado máis salvaxe, da necesidade de paz tras a brutalidade da guerra e en definitiva o anhelo polo amor e a familia.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas