"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



O BROTHER !

Director: Joel Coen (2000)
(Rex. 1821)

Everett Ulysses McGill é un delincuente de pacotilla pero cun pico de ouro. O pobre ten algún que outro problema para adaptarse á estrita disciplina á que o obriga a súa condición de condenado a traballos forzados no Estado de Mississippi. farto de pasarse o tempo picando pedras, consegue escapar xunto cunha parella de perdedores: o simpático e inxenuo Delmar e o inadaptado Pete. O trío embárcase na aventura da súa vida en busca da liberdade e coa promesa de compartir un tesouro enterrado. Sen nada que perder e cos grifóns postos, saen correndo para salvar as súas vidas e facer unha viaxe incrible chea de rocambolescas aventuras e de personaxes estrambóticos. Pero tamén terán que verllas/llelas co astuto e misterioso avogado Cooley, que segue a pista dos tres fuxitivos e está decidido a volver meter no cárcere o trío de delincuentes.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas