
(Rex. 1836)
Co caos e a guerra civil que nos anos 90 envolveu Serra Leoa como pano de fondo, "Diamante de sangue" é a historia de Danny Archer (Leonardo DiCaprio), un ex mercenario sudafricano, e Solomon Vandy, un pescador de Mende. Ambos os dous homes son africanos, pero as súas historias e as súas circunstancias son completamente diferentes. Os seus destinos únense na busca conxunta para recuperar un diamante rosa, pouco común, que pode transformar as súas vidas. Mentres se acha en prisión por contrabando, Archer decátase de que Solomon, quen foi separado da súa familia e obrigado a traballar nas minas de diamantes, atopou e escondeu a extraordinaria pedra sen pulir. Coa axuda de Maddy Bowen, unha xornalista americana o idealismo da cal vese atenuado por unha profunda relación con Archer, os dous homes emprenden unha viaxe por territorio rebelde. A travesía, máis que unha busca do valioso diamante, podería salvar á familia de Solomon e dar a Archer a segunda oportunidade que cría que nunca tería.
Ficha técnica
Páxina oficial
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario