"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



DIARIOS DE MOTOCICLETA.

Director: Walter Salles (2004)
(Rex. 1555)
(Rex. 1572) (francés)


En 1952, dous mozos arxentinos, Ernesto Guevara e Alberto Granado, emprenden unha viaxe por estrada para descubrir a verdadeira América Latina. Ernesto é un estudante de medicina de 23 anos de idade, especializado en leproloxía. Alberto é un bioquímico de 29 anos. A película segue a ambos os dous mozos na súa viaxe de descubrimento da rica e complexa topografía humana e social do continente latinoamericano. Os dous amigos deixan o familiar ámbito de Bos Aires nunha vella motocicleta Norton de 500 cc do ano 1939, imbuídos dun romántico espírito aventureiro. A moto avaríase, pero os viaxeiros proseguen en autostop. Pouco a pouco, van tomando contacto cunha Latinoamérica diferente, reflectida nas persoas que atopan na súa viaxe; o cambio nas súas perspectivas parece atopar reflexo na variedade da xeografía pola que transitan. A súa ruta lévaos ata as alturas de Machu Pichu, onde as maxestosas ruinas e a extraordinaria presenza da herdanza Inca exercen un profundo efecto sobre ambos os dous. Ao chegar a unha colonia de leprosos no corazón da selva amazónica, os dous viaxeiros xa comezaron a poñer en cuestión o valor do progreso tal e como o definen certos sistemas económicos, que deixan a tantos na cuneta. As súas experiencias na leprosería fan que esperten neles os homes en que se converterán no futuro e que definirán o percorrido ético e político das súas vidas.


Ficha técnica

Trailer

Páxina oficial

Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas