"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL ACORAZADO POTEMKIN

Diector: Sergei M. Eisenstein (1925)
(Rex. 1690)

Unha das películas máis aclamadas de todos os tempos. Rodouse para a conmemoración do vixésimo aniversario da revolución rusa de 1905. Narra a sublevación dos mariñeiros do Potemkin e o apoio que estes reciben por parte da poboación de Odessa.

Nun principio, o director quixo narrar toda a revolución, pero despois pensou que era mellor contar un exemplo que simbolizase como foi a totalidade da loita. A escena en que os habitantes da cidade son reprimidos polas forzas de seguridade nas escalinatas constituíu unha revolución na montaxe e é, quizais a máis famosa da historia do cinema. A súa forza reside nas oposicións, por ejemplo, entre o movemento caótico das masas e o rítmico dos soldados. Só por esta escena a película se converteu en referencia obrigada para todas as escolas de cinema do mundo.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas